Tayone ///ekathombre@gmail.com

15 mar 2011

TANXENCIAS DE ARTE URBANO


NORMAL. ESPACIO DE INTERVENCION CULTURAL. 23 de Marzo. 20:00 horas. A Coruña
Esta mesa tratará sobre a escena actual da arte urbana en Galicia como punto de partida, pasando polas actividades, proxectos ou espazos que leva asociados esta disciplina ou mesmo das derivacións que o seu desenvolvemento conceptual está a provocar. Son o que chamamos tanxencias.
Artistas, colectivos, promotores de actividades satélites “urbanas”, espazos de acción cultural independente e mesmo a visión dunha xestora cultural e crítica de arte confluirán nesta charla e foro de debate aberto e participativo.
horario20:00 ás 22:00
lugarCubo NORMAL
Participantes:
Nano4814
Nano 4814 é un artista que dá os seus primeiros pasos dentro da escola tradicional do graffiti, aínda que está a desenvolver unha estética máis persoal e iconográfica. Os campos creativos en que actúa van desde o deseño, a ilustración ou as intervencións na rúa ata o seu traballo cunha galería de arte, mesturando técnicas coma o debuxo, a instalación, a escultura ou a pintura mural.
Tayone
Artista plástico e muralista. Na actualidade compaxina o desenvolvemento da súa faceta creativa coa xestión cultural do Centro de Gravedad Permanente, un espazo de encontro, creación e mostras artísticas en Vigo.
Susana Cendán
Programadora do Centro Torrente Ballester, profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e crítica de Arte.
Concepto Circo
Empresa formada por 3 escritores de graffiti, LaGripe, Sniger e Yoe.
Con máis dunha década de experiencia neste campo, levan a cabo actividades e liñas de creación e traballo en áreas da arte urbana e satélites, como son a ilustración, o deseño gráfico, o audiovisual e a promoción de eventos

No hay comentarios:

Publicar un comentario